Amigus
As Pontes

Resultados do clube piragüismo Xuvenil

Castrelo de Miño, Ourense

O día 1 de febreiro, o club local de piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes, retomou a competición, disputando o Campionato Galego de fondo de embarcacións cuádruples.

Desplazou o Xuvenil tres combinacións, en K4 home Cadete, K4 home veterán A e K4 senior mixto.

Os resultados foron os seguintes:

O K4 home Cadete, conformado por Adrián Filgueira, Omar, Adrían Ribeiro e Xalo Romero acadaba un 5º posto emocionante, cun gran sprint final loitado co 4º e o 6º.

Xa no K4 home veterán A, a formación local acadaba a victoria, conseguindo o Campionato Galego da man de Ángel Pico, Ernesto Gancedo, Miguel Timiraos e Toni Polo.

Por último, estrenado modalidade de K4 mixto -xa que foi a primeira edición en que homes e mulleres podían competir na mesma embarcación- Carmen Alén, Xalo García, Celia Durán e Antonio Polo subían o terceiro escalón do podio, entrando na historia de este formato.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.