Amigus
As Pontes

RESULTADOS GRUPO XUVENIL NA COPA ESPAÑA DE XOVENES PROMESAS ZONA NORTE. TRASONA (AVILES). 10 DE XUÑO DE 2023.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

 

O Embalse de Trasona en Avilés foi o escenario da Copa España de xovenes promesas categoría infantil, que reuneu a 361 padexeir@s e a 46 clubes da zona norte (Galicia, Asturias, País Vasco e Castela León).

Polo clube pontés desprazaronse 4 padexeiros e estes son os seus resultados:

Xalo Romero Valle, na categoría infantil B acadou o 15º posto entre os 72 padexeiros participantes.

Xalo Cascudo Montes, clasificouse no 32º lugar na mesma categoría.

Bruno Tojeiro Asenjo, na categoría infantil A, acadou o 65º lugar nunha regata con 98 participantes.

Adrián Filgueira Fernández na mesma categoría non rematou a regata por volco da embarcación.

Na xornada de tarde foi o turno das embarcacións de equipo cas seguintes clasificacións:

Xalo Romero e Xalo Cascudo en k2 infantil B acadaron o 10º posto.

Adrián Filgueira e Bruno Tojeiro en k2 infantil A clasificaronse no 24º posto.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios