Resultados Jira Embalse de Trasona
Co motivo do festivo do 1 de maio, o Club Náutico Ensidesa organiza unha proba open para os clubs nacionais de piragüismo, na sua sede, o encoro de Trasona.
Ata Corvera, se desprazou o Grupo Xuvenil As Pontes para participar nesta prestixosa competición, que engloba tódalas categorías.
Os resultados foron salientables, sendo 5º Unai Penabad en K1 Home alevín A, 9º Martín Ferro en K1 Home benxamín, mismo posto acababan Xoel Timiraos e Dani Ferro en k2 Home cadete, 6ºs eran Adrián Filgueira e Omar Penabad en k2 Home xuvenil e Ernesto Gancedo co seu compañeiro acadaban a prata en k2 Home veterán B.
Tamén competiu Javier Filgueira, pero por un percance nunha boia non logrou chegar a meta.
Nova contesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
