Amigus
As Pontes

ROUPAR DE ABAIXO FESTEXOU O SANTO ESTEVO

Esta fin de semana o barrio de Abaixo da veciña parroquia xermadesa de Roupar, preto das Pontes, celebrou o seu patrón, Santo Estevo, festa que se conmemora neste barrio rouparés dende hai moitos anos.
Os festexos comezaron na tarde do venres coa celebración da XVIII Festa dos Callos. A festa continuou cunha verbena a cargo do grupo Lembranza e a orquestra Xente Nova. O sábado, logo da misa e procesión, a sesión vermú estivo amenizada pola orquestra Panamá, que tamén actuou na verbena xunto Fusión. As festas remataron o domingo coa misa, procesión e sesión de vermú a cargo de Fusión.
roupar_001.jpg


A PARROQUIA DE ROUPAR
Cunha superficie de 25 quilómetros cadrados e 355 habitantes, San Pedro Fiz de Roupar é unha das dez parroquias que conforman o concello de Xermade. Linda coas de Lousada, Cabreiros e as pontesas de Aparral e San María das Pontes. Comprende trinta lugares e aldeas, sendo os máis habitados os da Casanova (89 habitantes), A Criba (36), Penavaqueira (35), O Reboredo (27), A Torre (18), A Ermida (16), O Aguillón (14) e Aveás (13). Pertence ó arciprestado de As Pontes e á diocese de Mondoñedo.
Ten unha altura media duns trescentos metros, aínda que hai cumes que superan os seiscentos, como O Castrillón (667) e O Pico (642). Está bañada polos regos do Campo, Torre e Porto da Vila.
Ó igual cas dos arredores, é unha parroquia rica en xacementos arqueolóxicos, como os castros de Castrillón, con restos de parapetos de pedra, o de Sucastro cun gran foso no que apareceron anacos de ladrillos e de cerámica para usos domésticos, e o máis importante, o das Medoñas da Graña, no que se atoparon muíños de man, construcións rectangulares, restos de cerámica, ósos de animais e carbón.
Durante a Idade Media o couto de Roupar, xunto co de Lousada, estivo sempre en disputa entre o señorío feudal e o eclesiástico. Fernando III confirmou en 1232 ó mosteiro de Meira este couto, que xa fora doado polo seu pai Alfonso IX. En pugna co dominio dos Andrade, foron os cistercienses quen se fixeron coas rendas disputándollas ós mosteiros de Meira e de Monfero.
No lugar da Torre, preto da igrexa parroquial, está a casa do mesmo nome, que, segundo algúns escritores, tiña cinco séculos de existencia e que pertenceu ós condes de Valdepeñas. Era unha vivenda fortificada con fachadas e cornixas en granito.
A igrexa parroquial sufriu sucesivas reformas, destacando o retablo principal de tipo salomónico, con cinco fornelos no corpo principal e un no ático. Cerca da aldea de Buscalte atópase a capela de San Miguel, de planta rectangular cunha talla do arcanxo que data do século XVIII. No lugar do Campo está a capela da Nosa Señora do Carme do Campo e na aldea da Ermida a xa citada capela de Santo Estevo (século XVIII), de construción sinxela e planta rectangular. Hai importantes cruceiros nos lugares do Campo, A Criba e Porto da Vila.
De gran interese é o actual local social veciñal coñecido como “Sociedad Hijos de Roupar”, que data de 1921 e está situado enfronte da igrexa parroquial.
ROUPAR NO ANO 1842
ROUPAR (San Pedro Felix de): felig. en la prov. de Lugo (7 leg.), dióc. de Mondoñedo (5), part. jud. de Villalba (2) y ayunt. de Germade (1/2); SIT. En la sierra de Peña Gubia en el límite con la prov. de la Coruña; CLIMA frío. Comprende los l. y cas. de Vilar, Cernada, Pai da Vella, Fornos, Rego dos Sapos, Murallendo, Rego Traveso, Azureiro Nobo, Boucello, Carballiño, Hermida, Graña, Penavaqueira, Riveira, Campo, Sucastro, Pinguela, Portonovo, Filgueiras, Buscalte, Pena, Abeás, Arojo, Agra, Calbasado, Vista Alegre, Vidueiral, Porto da Vila, Reboredo, Pedreiro, Torre, Porto-Castro, Azureira bella, Casanova, Bajín, Iglesia y Aguillón, que reúnen 92 casas de pobres labradores. La igl. parr (San Pedro) es matriz de Sta. María de Aparral, que pertenece al ayunt. de García Rodríguez en la prov. de la Coruña; el curato es de primer ascenso y tiene una ermita en el l. de Hermida. EL TÉRM. confina por N. y E. con la mencionada sierra, al S. Sta. Marina de Cabreiros, y por el O. con el part. jud. de Ortigueira. El TERRENO es de mediana calidad en la parte destinada al cultivo; los CAMINOS locales y malos y el CORREO se recibe en la estafeta de Villalba. PROD.: centeno, patatas, poco de trigo, varias legumbres y frutas menores. Cria ganado prefiriendo el vacuno; hay caza de liebres y perdices; se pescan algunas truchas. IND.: la agrícola, molinos harineros y telares. POBL.: 93 vec., 468 almas. CONTR.: con su ayuntamiento. (V.)
FONTE: Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar, de Pascual Madoz (Madrid 1845).
Roupar de Abaixo, 21 de maio de 2012 (AF)
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
roupar_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios