ROUPAR DE ARRIBA CELEBROU A FESTA DO CAMPO

Esta fin de semana o barrio de Arriba da veciña parroquia xermadesa de Roupar celebrou a Festa do Campo, na honra á Virxe do Carme e San Caetano, festividade con moita tradición na comarca, que se ven celebrando dende hai moitos anos.
Iniciáronse as festas o venres cunha verbena con Bohemia e o Dúo Bandoneon. O sábado, misa, procesión e música a cargo das orquestras Alabama e Ilusión. O remate das festas foi o domingo con funcións relixiosas e a sesión vermú a cargo do Trío Lembranza.
Na tarde do sábado houbo xogos populares para a xuventude organizado polos alumnos do curso de animación sociocultural que se está a impartir no concello de Xermade.
roupar_01.jpg


A PARROQUIA DE ROUPAR
Cunha superficie de 25 quilómetros cadrados e 355 habitantes, San Pedro Fiz de Roupar é unha das dez parroquias que conforman o concello de Xermade. Linda coas de Lousada, Cabreiros e as pontesas de Aparral e San María das Pontes, e comprende trinta lugares e aldeas, sendo os máis habitados os da Casanova (92 habitantes), A Criba (33), O Reboredo (27), A Torre (18), A Ermida (18), Abeás (13) e O Aguillón (13). Pertence ó arciprestado de As Pontes e á diocese de Mondoñedo.
Ten unha altitude media duns trescentos metros, aínda que hai cumes que superan os seiscentos, como O Castrillón (667) e O Pico (642). Está bañada polos regos do Campo, Torre e Porto da Vila.
Ó igual cas dos arredores, é unha parroquia rica en xacementos arqueolóxicos, como os castros de Castrillón, con restos de parapetos de pedra, o de Sucastro cun gran foso no que apareceron anacos de ladrillos e de cerámica para usos domésticos, e o máis importante, o das Medoñas da Graña, no que se atoparon muíños de man, construcións rectangulares, restos de cerámica, ósos de animais e carbón.
Durante a Idade Media o couto de Roupar, xunto co de Lousada, estivo sempre en disputa entre o señorío feudal e o eclesiástico. Fernando III confirmou en 1232 ó mosteiro de Meira este couto, que xa fora doado polo seu pai Alfonso IX. En pugna co dominio dos Andrade, foron os cistercienses os que se fixeron coas rendas disputándollas ós mosteiros de Meira e de Monfero.
No barrio da Torre, preto da igrexa parroquial, está a casa do mesmo nome, que, segundo algúns escritores, tiña cinco séculos de existencia e que pertenceu ós condes de Valdepeñas. Era unha vivenda fortificada con fachadas e cornixas en granito.
A igrexa parroquial sufriu sucesivas reformas, destacando o retablo principal de tipo salomónico, con cinco fornelos no corpo principal e un no ático. Cerca da aldea de Buscalte atópase a capela de San Miguel, de planta rectangular cunha talla do arcanxo que data do século XVIII. No lugar do Campo está a capela da Nosa Señora do Carme do Campo e na aldea da Ermida a capela de Santo Estevo (século XVIII), de construción sinxela e planta rectangular. Hai importantes cruceiros nos lugares do Campo, A Criba e Porto da Vila.
SAN CAETANO (GAETANO DI THIENE)
Foi un presbítero italiano nacido en 1480 na cidade de Vicenza (Véneto, norte de Italia). Procedía de familia nobre, os condes de Thiene. Gaetano estudou leis na universidade de Padua. En 1506, grazas as relacións da súa familia, foi nomeado protonotario apostólico do papa Xulio II, posto no que axudou a reconciliar os Estados Pontificios coa República de Venecia. Retirouse da vida cortesá en 1513 e fundou a sociedade do Oratorio do Amor Divino. Foi ordenado sacerdote ós 35 anos.
En 1522 retornou á súa cidade natal de Vicenza e fundou un hospital para enfermos incurables e en 1524 a orde dos Teatinos (clérigos regulares). Loitou fervorosamente contra a Reforma e a servir ós máis pobres. Faleceu en Nápoles o 7 de agosto de 1547 sendo superior da orde dos Teatinos (Theate, nome latino da cidade de Chieti).
Foi beatificado en 1629 polo papa Urbano VIII e canonizado en 1671 por Clemente X. As súas reliquias están na igrexa de Santo Paolo de Nápoles. A súa festividade celébrase o 7 de agosto e está representado cunha sotana negra, un roquete coral e unha estola sacerdotal. É o patrón do pan, da saúde e do traballo e das localidades de Gor (Granada), Piñar (Granada), Fuengirola (Málaga), a cidade costeira de Chone (Ecuador) e de Liniers, barrio de Buenos Aires.
Roupar, 18 de setembro de 2011 (AF)
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
roupar_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios