Saramago cree que o ocurrido en España o 14-M ‘foi unha revolución’

Lendo elmundo.es:
“O premio Nobel de Literatura 1998, o portugués José Saramago, dixo sobre as eleccións do pasado 14 de marzo en España, gañadas polo Partido Socialista, que ‘o que pasou foi unha revolución’.
Nunha entrevista que publica o suplemento cultural ‘Mil Folhas’, do diario ‘Público’, Saramago considera que ‘aquela movilización por teléfono móvil comezou nunha persoa’ e que ‘os partidos políticos non tiveron nada que ver con elo’.”…

saramago.jpg


…” ‘Sei que agora temos dificultade para usa-la palabra revolución á hora de cualificar certas accións, porque está mal visto, pero o certo é que cada tempo produce as súas propias revolucións e non ten por qué repeti-las revolucións doutras épocas’, engadiu o escritor.
Saramago, que percorre estos días Portugal de punta a punta para preseta-la súa nova novela, ‘Ensaio sobre a lucidez’, cree que na política a partires de agora ‘poden cambiar moitas cousas’.
A anarquía, no fondo de todo
‘No fondo -explica- hai unha especie de elemento anárquico que sinto que se está introducindo moi explícitamente no tecido social e político’.
Tamén xuzga que o sucedido nas eleccións españolas pode ser un anticipo do que plantexa no seu libro, onde un 83% dos cidadáns vota en branco nuns comicios e crean un grave conflicto nacional.
‘A idea do voto en branco debe ser asumida no debate político. Nestas eleccións españolas houbo máis de 600.000 votos en branco. Hai que imaxina-lo peso que terían esos votos en branco se se houbesen entregado a un dos dous maiores partidos ou a Izquierda Unida’, di o autor.
A importancia do voto en branco
‘O voto en branco xa pesa e pesará mañá. E que non se diga que o voto en branco non é democrático’, sinala Saramago, que tamén di que ‘é preciso saber por qué votan en branco as persoas’.
O escritor asegura que ‘satisfáceme moito o que ocurriu nas eleccións españolas e despois en Francia’, e ademáis estima que ‘só foi posible por unha movilización do electorado con ideas claras sobre quén desexaba que estivera no poder’.
Saramago tamén dixo que ‘ó votar España como o fixo, quitou a un goberno e puxo a outro. Pero o futuro é quén dirá ata qué punto elo se traducirá en diferencias sustanciais na vida persoal e colectiva dos nosos veciños’.
Na entrevista, Saramago non deixou de aludir á guerra de Irak, que cualificou de ‘sublimación da mentira como forma práctica de relación entre o poder e os cidadáns’.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios