Boa remontada do Esteo este sábado á tarde no Pavillón Municipal 4-3 ante o equipo zamorano o que o fai pasar a barreira dos 30 puntos e garantir xa de maneira matemática a categoría un ano máis.
E iso que as cousas non comezaban ben pois os de Iván López marchaban 0-1 ao descanso, e despois era Madi, que fora xogador do CD As Pontes na campaña 2012-13, sendo xuvenil, o que cun golazo facía o 0-2.
Pero dous disparos moi axustados de Matos e Cokito e un man a man de Troncho co porteiro revolcaron o marcador ata o 3-2 en poucos minutos, aínda que non durou moito a ledicia pois ao pouco do 5 para 4 visitante chegaba o empate a 3-3.
Foi Cokito cun disparo moi pegado ao segundo pau faltando 30 segundos o que daba o 4-3 definitivo e tres puntos de ouro, pois os visitantes tiveron ocasións moi claras, para un Esteo que é décimo con 31 puntos con próxima visita ao complicado Vilalba, que onte ganou 3-6 ao Leis de Aicardo e Valladares.
O ESTEO FS. Xeito, Asier, Sergio, Troncho, Matos – Cokito, Jandro Naveira, Adrián.
CD ZAMORA. Rubén, Roberto, Magdiel, Ballano, Iván – Pablo, Ángel, Morales, Velasco, Ratero, Carlos, Víctor.
GOLES. 0-1, Pablo (4´). 0-2, Madgiel (28), 1-2, Matos (31´), 2-2, Cokito (32´), 3-2, Troncho (35´), 3-3, Pablo (36´). 4-3, Cokito (39´).
Incidencias. Uns 150 espectadores no Pavillón Municipal. Amarelas a Ballano, Magdiel.
Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro
Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro