Amigus
As Pontes

SEGUNDA B. O ESTEO FS 4 – SIBUSCASCOCHE RIBEIRA FS 0.

Partido este venres á noite no Pavillón Municipal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Gran vitoria do Esteo ante o Ribeira 4-0 no partido adiantado a este venres co que os de Iván López consiguen, xa con 27 puntos, sumada esta de hoxe á vitoria brillante colleitada a semana pasada en Xove (1-4), virtualmente estar unha tempada máis na Segunda B, e agora a tentar quedar o máis arriba posible.

Encontro moi complicado o de hoxe a pesar do resultado, nunha primeira parte na que se adiantaron os locais tras un disparo de Matos que non consigue atallar Illi, que fora gran porteiro oito tempadas na Primeira División (Azkar Lugo 2010-15 e O Parrulo 2017-20), pero os visitantes tamén tiveron boas ocasións estando Xeito moi atinado.

Na segunda metade si se despegaron os locais cos goles, outra vez de Matos, Troncho e o propio Xeito, para establecer o 4-0 definitivo co que durme O Esteo oitavo con 27 puntos antes de visitar ao filial do Noia, quinto con 29.

O ESTEO FS. Xeito, Cokito, Troncho, Matos, Adrián – Diego, Asier, Sergio, Naveira, Lukas, Jandro, Juan.

RIBEIRA FS. Illi, Saúl, Federico, Quintela, Mael – Unai, Francisco, Brais, Mathias, Pablo, Christian, Gabriel.

GOLES. 1-0, Matos (11´). 2-0, Matos (30´), 3-0, Troncho (34´), 4-0, Xeito (36´).

Incidencias. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal. Amarelas a Naveira, Christian, Pablo, Francisco, Saúl, Federico, Arcadio.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios