SEGUNDA B. O ESTEO FS-CD UNIÓN ARROYO (8-5)

Goleada do Esteo con cinco tantos de Jacobo nun triunfo máis sufrido do que indica o marcador

O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado á tarde no Pavillón de A Fraga ante o equipo vallisoletano de Arroyo de la Encomienda por 8 goles a 5. 

E iso que xa pronto as cousas non comezaban moi ben xa que os visitantes se adiantaban con dous tantos, pero conseguía recurtar distancias Jacobo, que na tarde de hoxe anotou cinco. 

Antes de chegar ao descanso deronlle a volta ao marcador os locais, cun tiro cruzado de Jhony, un disparo raso de Jacobo, e unha xogada persoal de Héctor.

Ao pouco da reanudación, nun intercambio de goles, anotaba un tanto Jacobo no que o balón entrou e despois saiu tras petar no lateral do poste. Recurtaban distancias os casteláns leoneses, Noé marcaba de falta tras un forte disparo, e voltaban a achegarse os de vermello poñendo o 6-4. 

Jacobo cun trallazo dende fóra da área polo escuadro poñía un máis tranquilizador 7-4, e xa con porteiro xogador os vallisoletanos o propio Jacobo facía o quinto a porta baleira e preto do final o Arroyo maquillaba o marcador. 

O Esteo era este sábado sexto con 10 puntos antes de visitar ao Albense, terceiro con 12. 

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Troncho, Jacobo, Cokito – Noé, Matos, Jhony, Rober, Martín.

CD UNIÓN ARROYO. Edgar, Adri, Cabezas, Virgi, Cristóbal – Caballero, Escudero, Diego, Raúl.

GOLES. 0-1, Adri (1´), 0-2, Cabezas (2´), 1-2, Jacobo (3´), 2-2, Jhony (9´), 3-2, Jacobo (15´), 4-2, Héctor (16´). 5-2, Jacobo (22´), 5-3, Cabezas (23´), 6-3, Noé (24´), 6-4, Escudero (25´), 7-4, Jacobo (32´), 8-4, Jacobo (37´), 8-5, Escudero (39´).

Árbitros: Cueto Rodríguez, Rodríguez Rendal, Molinero Rodríguez. Amarelas a Diego, Cabezas, Edgar.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios