SEGUNDA B. O ESTEO FS-CLUB ATLÉTICO BENAVENTE FS (4-2)

Partidazo do Esteo que gañou ao que era líder e campión da campaña pasada.

O Esteo pontés de fútbol sala venceu na maña deste domingo nun vibrante partido por 4-2 ao Benavente. Preto do final do primeiro tempo marcaba Héctor un golazo e antes do descanso Martín regatea ao porteiro e dispara fora e logo nunha xogada de estratexia é Cokito quen obriga a facer un paradón a Vara.

Na reanudación puido marcar Jacobo pero o seu disparo desviao o porteiro ao longueiro. Conforme pasaban os minutos os visitantes pasaron a facerse co control do balón, pero entre a defensa e Javichu solventaron as aproximacións visitantes. A máis destacada un riguroso penalti, que o porteiro lle parou fenomenalmente ao ex internacional español Charlie. 

Preto do final anotaba Martín un bo tanto de tiro cruzado case sen ángulo e con porteiro xogador Jacobo facía o 3-0. Pero despois do gran partido dos locais, en dous despistes de Héctor recurtaron distancias os de Zamora.

Primeiro nun balón regalado a Malaguti dentro dá área, e despois por querer perder tempo, dende córner pase a Javichu ante o que está moi atento Charlie, e o ex de Lobelle, Ribera Navarra, Levante e Santa Coloma, regatea ao porteiro e a Rober e marca a pracer.

Pero faltando apenas 12 segundos nunha contra Rober sirvelle o balón a Jacobo que anotaba a sentencia, para un Esteo que é quinto con 7 puntos antes de visitar ao equipo asturiano do Boal, moi necesitado, pois aínda non puntuou. 

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Troncho, Rober, Noé – Martín, Héctor, Matos, Cokito, Troncho, Dani.

ATLÉTICO BENAVENTE FS. Vara, Dilin, Charlie, Ángel, Malaguti – Sergio, Yayo, David, Alexander.

GOLES. 1-0, Héctor (15´). 2-0, Martín (34´), 3-0, Jacobo (35´), 3-1, Malaguti (37´), 3-2, Charlie (39´), 4-2, Jacobo (40´). 

Tarxetas: Jhony, Jacobo, Javichu, Martín, Malaguti, Ángel, Yayo. Expulsados Noé, Tomy, Dilin. 

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios