SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (7-2)

Goleada do Esteo ante un dos grandes da categoría

Contundente goleada do Esteo 7-2, que lle sirve para sumar xa 20 puntos, e poñer máis terra de por medio con respecto ós equipos de abaixo, agás o Ventorillo, que sorprendeu 0-3 ó terceiro, Guardo.

Visitaba a Fraga un dos grandes da categoría, e non é un falar por falar, dado que nas campañas que o conxunto pontés leva na segunda B, os vallisoletanos acabaron dúas veces de terceiros, unha de cuartos e a campaña pasada de quintos.

Este ano arrivaban á Fraga na terceira praza e comezaron adiantándose tras unha falta que Dani Martín enviaba ó fondo das mallas, pero antes do descanso un golazo de falta de Martín, que se colou polo escuadro, e no derradeiro minuto, outro bo lanzamento ben colocado en xogada de estratexia de Rober Paz adiantaban ós ponteses.

Poñían terra de por medio no segundo período con dous goles consecutivos de Pana, primeiro tras recibir un balón e sen deixala caer, marcando de tiro cruzado, e logo é tras un rexeite do porteiro David a tiro de Martín, que acaba marcando por alto.

A sentencia chegou tras un desmarque de Gago que queda só e bate por baixo a David, e pese a que nunha gran xogada de equipo Dani Martín recurtaba distancias, outra vez Pana, dun forte zapatazo poñía o 6-2.

Hat trick do de Pontedeume, que oposita a máximo goleador do Esteo na categoría, pois xa leva 17, polos 21 de Jaco, que é o tope de goles nunha campaña en Segunda B, por 48 de Noe e 44 de Rubi, vaia dous, en Terceira.

Non lle vai á zaga Martín, que anotou o sétimo e o seu 15º particular, tras unha falta directa na que superou ó porteiro. Sen tempo para máis os ponteses son novenos con 20 puntos antes de visitar ó colista Unión Arroyo.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Rober Paz, Ayala – cinco inicial – Gerardo, Pana, Gago, Dani.
CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID: David, Adri, Víctor, Balle, Muñoz – cinco inicial – Dani, Picolo, Leal, Raúl, Isaac, Taveras.
ÁRBITROS: Sierra Márquez, Rey Hermida (Pontevedra-Santiago). Amarelas a Gago, Rober, Adri e Dani Martín.
GOLES: Min. 11 (0-1), Dani Martín. Min. 16 (1-1), Martín. Min.19 (2-1), Rober Paz. Min.27 (3-1), Pana. Min. 29 (4-1), Pana. Min. 32 (5-1), Gago. Min. 33 (5-2), Dani Martín. Min. 34 (6-2), Pana. Min. 37 (7-2), Martín.
INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á decimoquinta xornada de Liga, oitava na casa. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios