SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (2-2)

Igualada con sabor agridoce no derbi para un Esteo ó que lle empataron a falta de tres segundos.

O Esteo e o Cidade de Narón empataron a 2-2 no derbi disputado no Pavillón da Fraga no día de onte. Tras chegar ó descanso con empate a 0-0, os naroneses dominaron no inicio do segundo período, estando algo máis frescos que un Esteo que empregou a só sete xogadores, lastrado polas baixas de Juan Cruz, Héctor e Gerardo.

O gran protagonista foi Javichu, que chegou a deter ata cinco man a man cos visitantes. Non puido facer nada ante o disparo de Brais, que petou no poste e acabou entrando e que adiantaba ó equipo visitante (28´), e o mesmo xogador puido ampliar o marcador un minuto despois, pero tirou ó longueiro.
Pero cando todo parecía perdido, nun pase desde banda dereita de Martín, Pana, tirándose en boca de gol marca por baixo (32´) e apenas medio minuto despois, nunha xogada na que tropezan entre eles o porteiro, un defensa e Pana, o propio xogador de Pontedeume acaba disparando escorado ao poste e o rexeite do seu disparo mandao Ayala ó fondo das mallas (33´).

Isto supuxo un mazazo para os naroneses, que xogaron con porteiro xogador faltando catro minutos, e o Esteo tivo algunhas ocasións, as mellores nos pes de Gago e Martín, para sentenciar, pero faltando pouco, nunha contra visitante, o equipo pontés non fixo falta, acabanlle roubando o balón a Ayala, e Guille marca o definitivo empate a 2-2 con suspense a só tres segundos do final (40´).

Non deixa de ser un valioso punto ante un ex de Segunda División para un Esteo que continúa décimo con sete puntos, antes de visitar ó Pizarras Los Tres Cuñados, terceiro con quince. Os de Javi Saa deberán tentar sumar para recibir na mellor posición posible dentro de dúas semanas a un rival directo como o Leis de Pontevedra.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Pana, Rober Paz, Dani – cinco inicial – Gago, Ayala.
CIDADE DE NARÓN: Arrivi, Iván, Iago, Diego, Javi – cinco inicial – Brais, Cokito, Bertito, Guille, Niceto.
ÁRBITROS: Manteiga Rodríguez, Amor Vizoso, Modroño Liz (A Coruña-Ferrol). Amarelas a Pana, Rober Paz, Gago e Arrivi.
GOLES: Min. 28 (0-1), Brais. Min. 32 (1-1), Pana. Min.33 (2-1), Ayala. Min. 40 (2-2), Guille.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á sétima xornada de Liga, cuarta na casa. Máis de 200 espectadores. Puidose ver a Pablo prieto, da Federación Galega e ex adestrador do Autos Puentes.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios