Partidazo do Esteo, que sumou tres puntos vitais ante un candidato ao ascenso que antes de visitar As Pontes levaba un pleno de 21 puntos.
Os vilalbeses arriscaron co porteiro xogador dende o primeiro minuto, que unhas veces era un 5 para 4, e outras, co gran Adri aillado na súa área vixiado de cerca por un xogador locatario, se convertía nun 4 para 3.
Pero o Esteo aguantou os vinte primeiros minutos como gato panza arriba e marchou ao descanso con 1-0. O segundo período foi un vendaval local, e pese a que Adri logrou recurtar distancias co 2-1, e Diego co 4-2, nos últimos instantes, cos visitantes á desesperada, os locais lograron ampliar a ventaxa ata un contundente 7-2.
Mención especial para Lukas, que logrou catro tantos, Jandro conseguía dous e un do porteiro Regueira. Son oitavos con 11 puntos, con próxima visita á maravillosa localidade olívica para xogar co Coruxo, duodécimo con 7 puntos.
O ESTEO FS. Regueira, Naveira, Lukas, Matos, Caínzos – Troncho, Jandro, Asier, Cokito, Adrián, Xeito.
GRUPO FORMAT VILALBA FS. César, DiegoC, DiegoL, Adri, Isma – Antón, Carlos, Daniel, Iago, Alonso, Kevin, Anxo.
GOLES. 1-0, Jandro (10´). 2-0, Regueira (27´), 2-1, Adri (29´), 3-1, Lukas (31´), 4-1, Lukas (32´), 4-2, DiegoC (33´), 5-2, Lukas (38´), 6-2, Lukas (39´), 7-2, Jandro (40´).
Incidencias. Amarelas a Lukas, Jandro, DiegoL, DiegoC, Isma, Iván, Manuel, Manel. Uns 300 espectadores no derbi no Pavillón Municipal.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro