SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-ALBENSE FS

O Esteo recibe este venres á noite ó Albense

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este venres á noite, 21:30, ó Albense, en partido da sexta xornada, e contra un rival directo, dado que tamén suman dous triunfos e tres derrotas.

O equipo de Alba de Tormes comezou a campaña con altos e baixos, xa que foi quen de vencer 7-1 ó Leis de Pontevedra e 7-2 ó campión Zamora, pero caeu goleado 6-0 ante o Benavente, sendo tamén derrotado por Cidade de Narón (4-3), e Tres Cuñados (1-3).

Nos encontros no Pavillón da Fraga, si ben os locais gañaron o primeiro dos duelos, 6-2 na 2013-14, ante un equipo salmantino no que militaba o Campión do Mundo Pipe, nos dous seguintes envites, triunfos visitantes, 1-2 e 4-5. Sen embargo, nas dúas últimas visitas rotundos triunfos dos locais por 5-1 e 9-4.

SEGUNDA DIVISIÓN B (6ª xornada)
O ESTEO FS-ALBENSE FS
Venres 19 – Outubro – 2018 (21:30)
Pavillón de A Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios