Segunda Regata Copa Galega Infantís
Sábado día 17 de maio, día das nosas letras, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes acudía con dous padexeiros a segunda regata da Copa Galega Infantil.Nesta ocasión celebrouse no encoro de Belesar o seu paso pola localidade lucense de Taboada.
Na liña de saída,cen home infantil A presentábanse Daniel Ferro e Xoel Timiraos, entre outros oitenta padexeiros da xeografía galega e algún asturiano do C.N. Ensidesa.
Os nosos acadaban un cuarto posto obtido por Dani e un oitavo logrado por Xoel.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.