Amigus
As Pontes

SEMIFINAIS E FINAL COPA VETERANOS AS PONTES 2026

O Muebles Eume consigue a súa 11ª Copa pontesa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Fin de semana de noraboa para o Muebles Eume de Basoa, que conseguiu o seu undécimo título de Copa de 12 disputadas, sumadas ás 6 Ligas do conxunto branquivermello.

Foi clave e MVP o tanque de Ortigueira, Rubén Pardo, que anotou ambos hat tricks tanto en semis, nas que o Muebles Eume derrotou 4-2 ao Campión de Liga A Cepa, como na final, na que gañaron cun solvente 5-1 á Taberna de Pancho, equipo que o día anterior vencera 2-0 ao outro semifinalista MMYPEM.

Ao remate do evento os concelleiros Elena López e Manolo Rodríguez Cope entregaron os trofeos aos dous campións do ano, de Liga, A Cepa, e de Copa, Muebles Eume, tamén ao máximo goleador, o gran Dani Fernández, e o mellor porteiro, Hugo Ferreiro. Foi subcampión de Liga Estanco Mari Carmen e de Copa Taberna de Pancho.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios