SERGIO E DANIEL ESTARÁN NAS ILLAS CANARIAS

Xogarán coa Selección Galega Xuvenil a primeira fase do Campionato de España

Boas novas chegaban no día de onte i é que os xogadores ponteses Sergio Otero e Daniel Pájaro veñen de ser convocados pola Selección Galega Sub18, tralo adestramento definitivo levado a cabo durante esta semana, para a disputa da primeira fase do Campionato de España, que se levará a cabo nas Palmas de Gran Canaria.

Galicia xogará contra a selección locataria o día 27, e contra Cantabria o 28, xogando canarios e cántabros o día 29.

Sergio está a facer unha gran campaña no Racing xogando varios partidos co primeiro equipo e destacando especialmente no encontro ante o Real Madrid B, mentres que Dani, que leva seis goles e xunto ó seu irmán David está no Ural coruñés de Liga Nacional, é segundo clasificado, e de momento primeiro ascendido á División de Honra, pois lidera a táboa o Celta B.

Destacan os internacionais Mujaid Sadick e Martín Rafael, aínda que non acude o subcampión mundial sub17, o oleirense Diego Pampín, que xa adestra co primeiro equipo do Celta.

Os convocados son os seguintes:
RC Celta de Vigo: Íker Losada, Mario García, Martín Rafael, Miguel Fernández, Tiago Rodríguez
RC Deportivo de A Coruña: César Rodríguez, Mujaid Sadick, Óscar Lorenzo, Pablo Brea
Racing de Ferrol: Alejandro Ramos, Luis Rodríguez, Sergio Otero
Ural CF: Alejandro Pérez, Daniel Pajaro
Pontevedra CF: Santiago Garrido
CD Lugo: Brais Vázquez
CD Areosa: Samuel Vilariño
ED Val Miñor: Brais Martínez

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios