TERCEIRA CORUÑA VETERANOS. CD AS PONTES 8 – GALICIA GAITEIRA 0

Partido este domingo á mañá no Evaristo Puentes

43

Triunfo rotundo do equipo veterano pontés ante o Galicia Gaiteira por 8-0, xa ao descanso se chegou con seis goles no peto, tantos de Iván Ferreiro (4), Juan Rodríguez (2), Borja Pellón e Púas.

Aproveitando o descanso do anterior líder, os azuis situanse primeiros con 53 puntos por 51 dun Sigras que ben é certo que lle quedan tres partidos de aquí ao final de Liga.

Aos ponteses tan so lles restan dous, ademais, a domicilio, visitando ao Ural, sétimo, e Rodis, noveno, polo tanto finalizan os seus partidos na casa con esta vitoria.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios