TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CSD ARZÚA 3.

O As Pontes perde tres puntos na casa ante un rival directo

O As Pontes perdeu este domingo 2-3 ante o Arzúa, nun duelo entre dous equipos que presumiblemente loitarán por permanecer na categoría, vellos coñecidos ambos da Preferente Norte a campaña pasada, debutando os arzuanos na máxima categoría do fútbol galego. 

Un moi novo As Pontes, no que Caridad e David García aínda non se estrearon en Liga, sen Fidi e sen Sánchez, que se retirou lesionado, tiveron moitos minutos Berto, que xa se fixo co lateral, Dani, Cambón, Iván, e David Pájaro, que foi un bo revulsivo por banda dereita nos derradeiros minutos.    

Pronto se puxeron por diante no marcador os de Alberto López, o técnico que acadara o último ascenso do As Pontes, en 2010, en dúas chegadas, por medio de Ramos tras empalar o esférico (9´), e o pichichi Íker Hurtado, de cabeza (16´), tras sendos centros laterais, no segundo co equipo algo descolocado xa que Sánchez estaba sendo atendido en banda. 

Pero o encontro cambiou coa expulsión de Alex Pérez (28´), que viu un primeiro cartón riguroso, e unha segunda tarxeta por desprazar o balón. Foi o As Pontes a polo gol e antes do descanso, tras un centro dende banda que ninguén remata, marca Pardo chegando por banda esquerda, de disparo cruzado (37´), e despois unha falta lateral botada por Gonzalo despexouna Salgueiro a córner (43´).

No segundo período, tras unha perda de Iván, remata Ramos de vaselina dende o borde da área, e o balón vaise por pouco (53´), ao que respostaron os locais por medio de Carlos e Pardo, con doble parada do cancerbeiro (55´).

Pero foron os visitantes os que tras unha contra que culmina o recén ingresado Guedes, anotaron o terceiro tras bater o balón no longueiro, botar no céspede e acabar entrando (64´). Isto espoleou aos locais, e tras un pase en profundidade, Quique remata ante a saída de Salgueiro e acaba marcando Carlos na área pequena (73´). 

De ahí ao final o As Pontes foi con todo a polo empate, dentro da área, disparo por alto de Pardo (76´), cabezada de Quique (80´) e Carlos (87´), e sobre todo unha gran oportunidade na área pequena que a Carlos se lle vai o balón entre as pernas e logo é Pardo ao que se lle marcha largo o control (82´).

Cun gran disparo dende medio campo que casi sorprende a Paco e outra cabezada centrada de Carlos rematou o partido e o As Pontes perde tres importantes puntos, e con un no casilleiro visita a outro vello coñecido, o Paiosaco, nun campo moi compricado como Porta Santa.

Non elexiu o mellor día o As Pontes para perder co Arzúa, xa que anteriormente os seus encontros ante este equipo contabanse por vitorias, 1-0 e 1-3 na 2017-18, e 1-2 e 2-1 a campaña pasada.    

CD As Pontes.Paco, Berto, Alex, Rivas, Sánchez (Iván 20´), Dani, Cambón (Quique 55´), Gonzalo, Carlos, Dani Pajaro (David Pajaro 64´), Pardo.

CSD Arzúa.Salgueiro, Isra, Edgar, García (Oregón 72´), Brais, Íker (Guedes 58´), Alex, Diego, Zanon, David, Ramos. 

Goles:0-1, Ramos (9´), 0-2, Íker (16´), 1-2, Pardo (37´). 1-3, Guedes (64´), 2-3, Carlos (73´).

Árbitro:Jose Manuel Cives Enjo. Auxiliado nas bandas por Cusset Ramírez e Vilanova Antelo. Amarela a Gonzalo. Expulsado por doble tarxeta o visitante Alex (28´).  

Campo e incidencias:Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios