TORNEO DE MINIBASKET FESTAS DO CARME E A FRAGA 2018

O CB As Pontes conseguiu tres títulos

Este sábado, ao longo de todo o día, levouse a cabo no Pavillón da Fraga o Torneo de Minibasket Festas do Carme e A Fraga 2018, Memorial Javier Carballo.

Organizado pola Comisión de Festas, contando coa colaboración do Concello Pontes, CB As Pontes, e a Federación Galega de Baloncesto.

Neste torneo destinado ós máis pequenos, participaron 14 equipos e o CB As Pontes conseguiu tres títulos por un do Viveiro, estando tamén presente o Basquet Coruña.

Entregaron os diversos trofeos o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e da Comisión de Festas, Juan Eladio Pico, Fina Bellas, Ramón Silvén e Pablo Montero.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios