Traballan sen licenza municipal na antena de telefonía da Pena do Golpe
Os veciños dos Loureiros denuncian que varios individuos estiveron traballando onte pola mañá na antena de telefonía, sen a preceptiva licenza municipal.

Os veciños dos Loureiros denuncian que varios individuos estiveron traballando onte pola mañá na antena de telefonía, sen a preceptiva licenza municipal. Aseguran que a empresa segue a realizar traballos de instalación de aparatos, ainda que o concello paralizou as obras e a licenza. Manteñen tamén que de continuaren os traballos de xeito ilegal, tomarán medidas. Afirman que a instalación desta antena pon en serio risco a saúde de máis de 40 veciños da zona. A operadora Telefónica terá que facer fronte á oposición dos veciños preocupados polos posíbeis efectos perniciosos das radiacións electromagnéticas que producen estas antenas na saúde das persoas.
Hai que sinalar que as operadoras en España están obrigadas a respetar unha reciente norma legal, o Real Decreto do pasado 28 de setembro, que nace coa intención de regular e controlar os niveis de exposición ás emisións radioeléctricas dos sistemas de telefonía móvil. Algunha das acusacións que se verquen sobre as radiacións emitidas por estas antenas é que, a pesares de que non son ionizantes, xeran un calor que podería perxudicar a nosa saúde. Achácaselles tamén que poden alterar os nosos ritmos biolóxicos, como o do sono-vixilia e que o organismo humano pode deixar de producir melatonina, sustancia empregada polo nosos organismo como hormona e anticanceríxeno.
