VI XUNTANZA DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE VILAVELLA

O pasado sábado, 25 de agosto, celebrouse a carón da igrexa da Vilavella a sexta xuntanza de veciños desta antiga parroquia pontesa. Unhas cento sesenta persoas procedentes das desaparecidas aldeas, hoxe afincadas na propia vila e nos concellos da comarca, así como veciños dos lugares que aínda existen nesta parroquia e outros vidos dende de diversas localidades galegas reuníronse nunha animada xornada de confraternidade e convivencia.
Foi un reencontro de veciños, de amigos da infancia, de coñecidos, todos cuns anos máis, escenas de apertas e bicos fóronse sucedendo segundo ían chegando ó lugar, que non podía ser outro que o que escribiu a historia desta antiga parroquia pontesa, onde sempre se celebrou a festa patronal na honra a San Andrés, a Vilavella, ó lado da súa antiga igrexa, á beira do río Eume e da xigantesca mole da cheminea da central térmica.
A xornada, que amenceu cunha orballada foi cambiando ata aparecer o sol, comezou cunha misa seguida da procesión. Despois o Dúo Calima amenizou a sesión vermú. De seguido, un xantar a base de empanada, xamón cocido, polbo, churrasco, postre, bebidas e café. Á tardiña comezou a verbena con Calima e o trío Café Con Leche.
vilavella_0001.jpg


A PARROQUIA DE VILAVELLA
A parroquia da Vilavella é de forma irregular, cun territorio estreito e alongado que vai dende a propia igrexa ata a aldea de Rámez situada ó norte. Linda por este punto co concello das Somozas, ó sur coa parroquia de Ribadeume, ó leste coa das Pontes e ó oeste coas de Espiñaredo e Goente. Ten uns 31 quilómetros cadrados nos que viven 197 habitantes, repartidos nos lugares de Alimpadoiros (7 hab.), O Bidueiro (6), A Carballeira (6), O Castelo (3), Cheiván (3), A Esfarrapa (9), Maciñeira (17), Penapurreira (3), Rámez (3), O Reboredo (9), Saa (99) e Vila (32).
A mina, hoxe convertida en lago e con praia, e a entulleira ocupan gran parte do seu territorio, sendo o norte montañoso, destacando a Pena da Fonte Roiva (582 metros) e o Monte da Cartilida (523 metros). En canto ós ríos, os principais son o Eume, Ponte da Pedra e o de Maciñeira e os regos de Cheibán e da Esfarrapa, que hoxe verten as súas augas ó lago, que ocupa unha superficie de 8 quilómetros cadrados, un perímetro de case 18 e unha profundidade máxima dun pouco máis de 200 metros.
A parroquia da Vilavella foi unha das que máis sufriu a desaparición do seu territorio e das súas aldeas, debido á explotación da mina, como Acivido, Almigonde, A Barosa, Carracedo, A Cartilida, O Casal da Boa, A Casa Longa, O Castro da Uz, Ferreira, O Meidelo, Os Mouros, O Outeiro, A Palloza, A Parrocha, A Picheira, A Ponte da Pedra, O Portorroibo, O Ribeirón, O Vilar e a maior parte da Vilavella-Igrexa, lugar que hoxe está deshabitado e do que só se conserva a igrexa, o cemiterio e varias casas restauradas sen ningún uso.
Na Vilavella atopáronse vestixios dos primeiros asentamentos humanos, como un vaso campaniforme (6000 e 2800 a.C.) e un torques de ouro. Tamén existen mámoas, moitas delas desaparecidas, así como un castro con tres muros paralelos de protección que estaba no lugar do Castro da Uz.
A igrexa parroquial é do século XV, sendo a súa fachada do XVIII. No seu interior conserva un retablo (s. XVIII) e unhas imaxes talladas entre os séculos XV e XVII. En Saa, o lugar máis habitado da parroquia, construíuse en 1966 a capela da Nosa Señora do Pino e máis recentemente na aldea da Esfarrapa erixiuse a nova capela de San Cristovo, antigamente situada no Vilar, a cal fora construída no século XVIII pola familia Fresco, veciña de dito lugar.
Segundo o dicionario Madoz, en 1845 a parroquia da Vilavella contaba con 127 veciños e 630 habitantes, que gozaban dun clima benigno e saudable, repartidos nos lugares de Acebido, Maciñeira, Meidelo, Monte, Mouros, Sá e Vilabella. A súa igrexa parroquial estaba servida por un cura de entrada e padroado real e eclesiástico.
As súas festas celebrábanse de moi antigo a finais de agosto na honra a San Andrés, pois antigamente esta parroquia era coñecida como San Andrés do Bosque.
Vilavella, 25 de Agosto de 2012 (AF)
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
vilavella_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios