Xa se pode traducir a futura Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)
Lendo mancomun.org:
“Felipe Gil, coordinador oficial da tradución de Ubuntu ao galego, comenta na lista de ‘Ferramentas e estratexias de tradución ao galego” en mancomun, que xa se pode comezar a tradución da próxima versión de Ubuntu, que se chamará “Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)’.”…
…”A páxina para traducir esta versión está na seguinte ligazón:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
No anuncio de Felipe Gil tamén se comenta que vai existir de novo o “Daily language pack”, que é un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.”…
Fonte: mancomun.org