Amigus
As Pontes

XORNADAS PARA ADESTRADORES DE FÚTBOL SALA AS PONTES 2024

Tiveron lugar este luns día 15

Este luns desde as 5 tarde ata as 10 e media da noite tiveron lugar en As Pontes as “4ª xornadas de actualización e reciclaxe para adestradores de Fútbol Sala” con poñentes de prestixio como Íñigo Martínez, seleccionador español de categorías inferiores, Joel Rocha, adestrador do Braga Campeón da Copa portuguesa hai dúas semanas, e mención especial para Juanlu Alonso.

O adestrador madrileño, actual do Manzanares revelación da Liga, e ex de Azkar Lugo, Burela, Torrejón, Peñíscola ou Benicarló, pero sobre todo os afeccionados ao fútbol sala recordamos o seu paso por Inter Movistar coa conquista da Copa de Europa 2009 nesa final gañada 5-1 ao Viz Sinara Ekaterimburgo con Amado, Schumacher, Torras, Gabriel, Betao, Neto ou Daniel Ibañes, entre outros varios títulos.

No evento tamén houbo tempo para homenaxear a destacados adestradores da Comarca de FerrolTerra. Un emocionado Pablo Prieto recolleu o premio pola súa traxectoria deportiva recoñecida entre O Parrulo, Azkar Lugo ou a Selección de Libia coa clasificación ao Mundial 2012 e gran papel pese a un grupo moi difícil con Brasil, Portugal e Xapón, pero moi famoso entre os afeccionados ponteses polo seu paso polo Autos Puentes de principios dos 90.

Outro dos homenaxeados foi o vilagarcián Luis César Sampedro, porteiro moitos anos do Racing de Ferrol, e ex adestrador do mesmo equipo, Tenerife, Albacete, Valladolid, Lugo ou Deportivo, conseguindo o ascenso a Primeira co Nastic de Tarragona.

Os tres ponentes sentaron cátedra na Casa Dopeso ata as 9 e media da noite, momento no que o centenar de asistentes se desprazaron cara o Polideportivo Municipal para unha hora de clase práctica coas rapazas do Lago Feminino coa que se puxo fin ao evento.

No acto puideronse ver mitos do futsal feminino como Bea Seijas, 28 temporadas consecutivas en Primeira División, a porteiraza Vane Barberá; a David González, ex xogador de Primeira e actual preparador físico da Selección Española, ou aos actuais adestradores de Burela e O Parrulo, David Rial e Nacho García, respectivamente, entre outros moitos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios