Amigus
As Pontes

VIII TORNEO DE FÚTBOL 8 VILA DE AS PONTES

Tivo lugar esta fin de semana nos campos do Poboado

Esta fin de semana, sábado e domingo, tivo lugar nos campos do Poboado o oitavo torneo de Fútbol 8.

Nos máis pequenos, na categoría Prebenxamín, impúxose o Piringalla A de Lugo 2-1 ao Club de Campo de Ferrol A.

En Alevín, non tivo fortuna o As Pontes A, que caeu na final, na quenda de penaltis, ante o Olímpico de Rutis, tralo 1-1 regulamentario.

Moita alegría houbo o domingo, xa que en categoría Benxamín, o equipo de Marcos Leal, CD As Pontes A, impúxose na final 5-0 a todo un Betanzos CF.

Nova cortesía Iván Rodríguez e Xose Ferreiro

Nova cortesía Iván Rodríguez e Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.