10ª XORNADA GRUPO I SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA TEMPADA 2017/2018

Nesta xornada O Esteo viaxa ata a localidade asturiana de Sama de Langreo para enfrontarse ao Santiago de Sama F.S., único conxunto asturiano da categoría, nun encontro programado para as 18:45 h. do sábado no polideportivo Los LLerones.

SÁBADO 25 DE NOVEMBRO ÁS 18:45 HORAS NO POLIDEPORTIVO LOS LLERONES (SAMA DE LANGREO, ASTURIAS)

SANTIAGO DE SAMA F.S. – O ESTEO F.S.

Nesta xornada O Esteo viaxa ata a localidade asturiana de Sama de Langreo para enfrontarse ao Santiago de Sama F.S. , único conxunto asturiano da categoría, nun encontro programado para as 18:45 h. do sábado no polideportivo Los LLerones.

Os asturianos recén ascendidos á 2ªB tras arrasar no grupo de terceira división asturiana adaptaronse ben á categoría sobre todo no seu campo onde se manteñen invictos con duas victorias ante o Cidade de Narón e o Guardo F.S. e dous empates ante o Universidad de Valladolid e o Ventorrillo.

É un equipo moi compensado que mezcla experiencia e xuventude además de contar con xogadores con calidade e gol. Soen utilizar bastante o xogo de porteiro-xogador independentemente de cómo se vaia desenrrolando o encontro, táctica que sorprendeu a equipos como o Guardo pero que tamén lle valeu para sair goleado da súa visita a Zamora.

A filosofía de xogo deste equipo basase en defender có balón cunha presión defensiva moi alta e xogo directo con pivot.

Os xogadores de O Esteo para contrarrestar estas situacións saben que terán que estar moi concentrados e ser moi intensos en defensa dende o inicio do encontro apretando o balón para tapar os pases e aproveitar tódalas ocasións de gol que se lle presenten durante o partido.

Despois da última sesión de adestramento deste Xoves, Javi Saa convocou aos doce xogadores que ten dispoñible, excepto a Juan Cruz operado esta semana da súa lesión, Ayalita por motivos personais e deixa fora da convocatoria ao terceiro porteiro Sergio Cal.

PARTIDOS DA ESCOLA DE BASE DE O ESTEO F.S.

ENCONTRO AMIGABLE

VENRES 24 DE NOVEMBRO PAVILLÓN FRAGAS DO EUME (PONTEDEUME)

Biberón. F.S. PONTEDEUME – O ESTEO F.S. (18:30)

3ª XORNADA DA LIGA DA TERRA CHÁ 2017/2018

VENRES 24 DE NOVEMBRO PAVILLÓN DO COLEXIO MONTE CAXADO (AS PONTES)

Cadete. O ESTEO F.S. – COSPEITO (17:00)
Infantil. O ESTEO F.S. – COSPEITO (18:00)

SÁBADO 25 DE NOVEMBRO PAVILLÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Infantil B. VILALBA “B” – O ESTEO F.S. “B” (10:00 )
Alevin. VILALBA “B” – O ESTEO F.S. (10:50)
Benxamin. VILALBA – O ESTEO F.S. (11:40 )
Prebenxamin. VILALBA – O ESTEO F.S. (12.30)

5ª XORNADA DA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES 2017/2018

DOMINGO 25 DE NOVEMBRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

O ESTEO F.S. “B” – RIBADEUME FUTSAL (20:00)

Nova cortesía de Moises Fernández e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios