1º de maio do 2019 ás 13:00h, Rego do campo, As Pontes

Ofrenda floral e homenaxe

Contaremos coa intervención de Eva Ferreiro, número 2 da candidatura de Xunt@s por As Pontes para as vindeiras eleccións municipais.

A historia deste día é a historia da nosa clase. O 1 de maio de 1886 nos Estados Unidos emprazábase a una folga xeral de traballadores para demandar a xornada laboral de 8 horas, pero non sería esta folga se non a represión dunha mobilización pacifica catro días despois en Chicago e o inxusto enxuiciamento de oito traballadores que deixarían o seu nome gravado na historia como os Mártires de Chicago.

O fío vermello das loitas obreiras chega ata as nosas terras. Todos e todas lembramos ese ano de 1972 no que Amador e Daniel organizados nas Comisións Obreiras, dentro do Sindicato Vertical, saíron a marchar contra un acordo interprovincial que non recoñecía as demandas de Bazan Ferrol. A súa sangue correu polas Pías baixo o lume da policía franquista. Hoxe non os esquecemos.

Ese mesmo ano, nesta vila, empezaba a construción da central termina de ENDESA. A falta se seguridade fixo que se produciran un gran número de accidentes ós que os sindicatos chamabamos asasinatos. As mobilizacións eran continuas. Neste período chegaron a producirse máis de 30 mortos, cando en ningunha obra do estado español houbo tantas mortes en tan pouco tempo.

Hoxe o emprego non é unha garantía, quen quere acadar o salario base ou un salario digno, ten que acumular dos traballos, carecer de días de descanso ou superar as 8 horas. Tódolos dereitos forxados con sangue parecen borrados dos libros de historia. Facemos un chamado á memoria para non esquecer o custo das conquistas da clase traballadora.

Xunt@s por As Pontes – En Común é a plataforma que eliximos veciñas e veciños de As Pontes para transformar a nosa vila ó servizo do pobo e da clase traballadora. Todos e todas, sen importar a idade, somos consecuencia desa explotación mineira. Seguimos a facer este homenaxe polo 1 de maio, adicado a toda esa xente que perdeu a vida traballando. Entregamos un ramo de flores aquí neste monolito feito na súa memoria.

Nova cortesía de Xunt@s por As Pontes – En Común

También podría gustarte
Comentarios