Amigus
As Pontes

32º Descenso Internacional do Umia

O domingo 27 o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes acudía con cinco dos seus padexeiros á localidade do salnés de Ribadumia, para ser parte do Descenso Internacional do Umia, na sua triséximo segunda edición, cun percorrido de oito kilometros, con dificultades varias, dende pouco calado ata tapóns no cauce do río de ramas,cañas e algas.
Os ponteses colocaban o club no 10º posto, dun total de 30 clubs.
Individualmente, cabe destacar o segundo e terceiro postos acadados en home K1 cadete, por Xoel Timiraos e Dani Ferro respectivamente.
E unha victoria, un oitavo lugar e un décimo cuarto en home veterán K1, para Toni Polo, Ernesto Gancedo e Miguel Timiraos.
Nova cortesía Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.