Durante este venres día 4 levarase a cabo no Pavillón de A Fraga a Fase Final da Copa de Galicia de Voleibol, en ambas categorías, con cinco partidos e entrada gratuita.
Á mañá serán as semifinais, que enfrontarán simultáneamente na categoría femenina ás 10:00 ó equipo da máxima categoría estatal, o Emevé de Lugo contra o equipo de Ourense, e ao Zalaeta co Teis.
Despois, ás 12:00 será a semifinal masculina entre o líder da segunda categoría española, con pleno de triunfos, o Emevé lucense, contra o segundo clasificado Dumbría.
Xa pola tarde ás 17:00 será a final feminina, mentres que ás 19:00 a masculina na que xa ten praza directa o Intasa San Sadurniño, equipo da Superliga masculina.
Nova cortesía de Xose Ferreiro