3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S. (3-2)

O conxunto da Pontenova non lle puxo fácil a vitoria ó cadro das Pontes, xa que se defendeu con moita orde, destacando o gran labor do veterano Josiño, antigo xogador do Autos Puentes, quen ós seus 42 anos aínda se atopa nunha excelente forma física. Os visitantes adiantáronse no marcador ós nove minutos de xogo. Pero, a alegría durou pouco, xa que dous minutos despois Bolly nunha gran xogada establecía o empate. A piques estivo de marcar Josiño o 1-2, pero o seu lanzamento foi ó longueiro. No segundo tempo o Esteo pasou a dominar a un Rececende que se encerraba na súa parcela esperando a saír ó contragolpe. Moitas foron as ocasións que tiveron os ponteses, pero os seus atacantes non estiveron moi afortunados. Ós sete minutos Rubi poñía o 2-1. Seguiron as oportunidades, incluso un dobre penalti que lanzou fóra Bolly. A cinco minutos do final os visitantes sacan porteiro-xogador, pero, nun contragolpe visitante, Fran rouba un balón e dende o seu propio campo lanza un forte disparo que se cola pola escuadra esquerda da portería visitante, que se atopaba baleira. Cando todo parecía que o 3-1 sería o resultado definitivo, Edu, que estaba facendo a labor de porteiro, colle un balón no seu campo e chántase diante da porta de Niceto, despois de driblar a varios contrarios, e marca o segundo tanto para o seu equipo, chegándose ó final co axustado pero xusto 3-2 a prol dos ponteses que agora están a un punto do líder, aínda que cun partido máis.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.


O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Bolly e Choto
CD RECECENDE: Juanmi, Josiño, Miguilla, Edu, Diego Lamas –cinco inicial- Girón, Javi e Pablo.
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Varela Señarís. Amoestaron ós visitantes Edu, Diego Lamas e Josiño.
GOLES: Min. 9 (0-1), Girón. Min. 11 (1-1), Bolly. Min. 27 (2-1), Rubi. Min. 38 (3-1), Fran. Min. 39 (3-2), Edu.
INCIDENCIAS: Partido da novena xornada da fase de ascenso a Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha excelente entrada, preto de catrocentos espectadores nas gradas.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
O ESTEO FS – C.D. RECECENDE F.S.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios