3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): RIBEIRA DE PIQUÍN – O ESTEO F.S. (1-6)

Escudo-O-Esteo.pngQuinta vitoria consecutiva do Esteo na pista do Ribeira de Piquín (1-6). Na primeira metade o xogo estivo igualado con dous equipos tentando adiantarse no marcador. Sería o cadro local quen ós dous minutos e medio de partido abría o marcador por medio de Dani Rodríguez. Catro minutos despois empataba Rubi e a falta de cinco minutos para o descanso Pellón lograba o segundo do cadro das Pontes. Na segunda parte os ponteses saíron a polo partido e dominaron con moita claridade ó Ribeira. Sen embargo o 1-3 non chegou ata o minuto dezasete por obra de Bolly. Un tanto que daba tranquilidade ós ponteses. Os locais sacan porteiro-xogador tratando de empatar cando menos o encontro. Sen embargo, no derradeiro minuto de partido, o porteiro pontés Niceto e Gerardo, en dúas ocasións, estableceron o definitivo resultado de 1-6.
Trala disputa desta undécima xornada as cousas seguen as mesmas nas primeiras posicións, co Bembrive como líder cun punto máis có Esteo, mentres que é terceiro o Vilamartín, equipo que visita a cancha pontesa na vindeira xornada.


RIBEIRA DE PIQUÍN: Dani, Paco, Quintela, Kini, Dani Rodríguez –cinco inicial- Jordi, Sebas e Quique.
O ESTEO FS: Niceto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Bolly, Gerveno, Anxo e Pelu
ÁRBITROS: Menéndez Nistal e Rivas Fouz (Viveiro) Amoestaron a Dani Rodríguez e Pellón.
GOLES: Min. 2 (1-0), Dani Rodríguez. Min. 7 (1-1), Rubi. Min. 15 (1-2), Pellón. Min. 37 (1-3), Bolly. Min. 39’05” (1-4), Niceto. Min. 39’24” (1-5), Gerardo. Min. 39’38” (1-6), Gerardo.
INCIDENCIAS: Partido da undécima xornada da fase de ascenso a Segunda División B disputado no pavillón municipal de Meira ante uns cen espectadores, con presenza de afeccionados ponteses.
OUTROS RESULTADOS (11ª xornada)
Pazos de Borbén – Bueu (6-5)
M. Bembrive – C. Trabada (5-3)
C. Vilamartín – Rececende (7-5)
CLASIFICACIÓN (ptos.)
1º M. Bembrive (26)
2º O Esteo FS (25)
3º C. Vilamartín (21)
4º CD Rececende (13)
5º Ribeira de Piquin (13)
6º AD Bueu (13)
7º Pazos de Borbén (12)
8º C. Trabada (6)
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios