3º Torneo de fútbol 8 Vila de As Pontes

Xogaráse esta fin de semana. O sábado competirán alevíns e prebenxamíns, e o domingo infantís e benxamíns.

Xogaráse esta fin de semana. O sábado competirán alevíns e prebenxamíns, e o domingo infantís e benxamíns.

Esta fin de semana terá lugar nos Campos do Poboado pontés o terceiro torneo de Fútbol 8 Vila de As Pontes, organizado pola Comisión de Festas do Carme e A Fraga, coa colaboura do Concello e o clube pontés de fútbol. Xogaráse nas categorías infantil, alevín, benxamín e prebenxamín, e o As Pontes contará con oito equipos, dous en cada categoría.

Participarán equipos habituais da comarca coma o Racing de Ferrol, Galicia de Caranza, Ánimas, Galicia de Mugardos, Perlío, Cedeira, Rápido de Neda, Cariño, Cebarca, equipos da zona lucense coma o propio CD Lugo, os veciños Vilalbés e Viveiro, o Polvorín, Sagrado Corazón e Ferroviaria. Da cidade herculina virán o Deportivo da Coruña, Imperátor, Montañeros, Once Caballeros e o Rayo Sadense de Sada.

O sábado día 17 entrarán en competición os alevíns e prebenxamíns. O Alevín A pontés estará no Grupo A xunto a Polvorín, Cedeira e Sagrado Corazón B. Mentres, o Alevín B xogará no Grupo D con Racing Vilalbés, Viveiro B e un conxunto aínda por confirmar.

O Prebenxamín A pontés xogará no Grupo A con Racing Vilalbés A, Viveiro, Polvorín e Cariño. O Prebenxamín B pola súa banda xogará no outro Grupo, o B, con Racing de Ferrol, Galicia de Caranza, Racing Vilalbés B e Ferroviaria.

Xa na xornada do domingo 18 terá lugar a competición infantil e benxamín. O Infantil A pontés xogará no Grupo A contra Viveiro, Rayo Sadense e Galicia de Mugardos. Pola súa banda, no Grupo C, o non habitual As Pontes B contará como rivais con Polvorín, Perlío e Rápido de Neda.

Nos Benxamíns, o As Pontes A formará no grupo A con Polvorín, Rayo Sadense e Sagrado Corazón, mentres, no Grupo C estará o As Pontes B que se cruzará con Montañeros, Once Caballeros e Viveiro B.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios