5ª PROBA DO 3º CIRCUITO DE PIRAGUISMO DEPUTACIÓN DE A CORUÑA AS PONTES 2024
Disputouse na mañá deste sábado no Lago pontés
Este sábado á mañá disputouse no Lago de As Pontes a proba correspondente ao circuito de Piragüismo da Deputación de A Coruña con máis de 300 piraguistas participantes, e que deixou grandes resultados para o deporte pontés, cun total de 15 preseas para o Grupo Xuvenil, 5 ouros, 5 platas e 5 bronces.
Vitorias de Unai Penabad (Benxamín A), Javier Filgueira (Benxamín B), Daniel Franco (Infantil B), Xalo Romero (Infantil A), e o K4 da ex Campiona de España Cadete 1995, Yessica Fernández Polo, Celia Durán, tamén campiona española xunto ao eterno Polo, Ada Fernández e Araceli Paz.
Medalla de prata conseguiron Xiana Prieto (Prebenxamín), Antía García e Adrián Filgueira (Cadete), o K4 Senior de Menéndez Lolo (primo da gran tricampiona mundial e pentacampiona europea, Sara Lolo), Antón García, Pablo Vispalia, Xalo García, e o K4 Veterán de Jose Pico, Ernesto Gancedo, Jose García e Miguel Timiraos.
No último escalón do podio e a medalla de bronce acadaron Martín Ferro (Prebenxamín), Aleixa Amado (Benxamín B), Martina García (Alevín A), Xoel Timiraos (Infantil B) e Carmen Alén (Cadete).
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro