Unha marea de exposicións chega ás principais cidades galegas

Lendo elcorreogallego.es:
“O novo ano tróuxolle a Galicia inmensas posibilidades para descubrir novos continentes ou artistas ós que non lles abriramos aínda as portas nos nosos ollos. Así, Santiago, Ourense ou A Coruña acollen novas exposicións.
Na capital galega, a Igrexa da Universidade acolle África, tradición sagrada, unha exposición que pretende achegarlles ós visitantes a arte e as tradicións deste tan inmenso como descoñecido continente. A Coruña, Vigo e Lugo xa albiscaron gracias a ela as diferencias tan cercanas de África.”…


…”Son noventa as pezas que se poderán contemplar, todas propiedade da Colección Cartuger, unha das máis importantes do mundo en arte africano. As principais etnias do continente -os Dogón, os Kuba e os Mossi, entre outros- están representadas mediante máscaras e fetiches relativos ós seus costumes, mitos e forma de vida.
Parte dese continente tamén aparece nas fotografías de Imaxe de Pedra. Túnez en Mosaicos, no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Máis de cen instantáneas presentan os mellores mosaicos romanos en África, sendo os de máis calidade os que se atopan en Tunisia.
A exposición está estructurada en once grandes temas referidos ás preocupacións do home daquel tempo: o xogo das formas, a vida rústica, os bodegóns, cabalos e xinetes, carreiras de carros e desfiles dionisíacos, a relacións dos homes e os deuses, gracia e seducción, a arte do retrato, o mundo do mar e o paleocristián.
No Colexio Salesiano María Auxiliadora de Ourense, os visitantes coñecerán o Museo Creativo de Don Bosco. Organizada tamén pola Asociación Xuvenil Amencer, acollen numerosos obxectos que lembran a vida de San Juan Bosco.
Xa na provincia de Pontevedra, dúas son as novas opcións este mes. En Vigo, o Centro Social Caixanova repasa dez anos da traxectoria de Leopoldo Nóvoa en Obras para unha década: 1993-2003.
Finalmente, na capital provincial, tamén o Centro Caixanova ábrelle as portas á beleza dos espidos de corenta artistas, entre os que destacan Zuloaga, Miquel Barceló, Botero ou Romero Torres.
Sen dúbida, é tempo de ollar.
VAN DER ROHE
A obra do arquitecto Seara van der Rohe convirte á Fundación Barrié da Maza da Coruña nun referente para os interesados na arquitectura e o deseño, tralas exposicións sobre Frank Lloyd Wright, Jorn Utzorn ou Le Corbusier.
Organizada pola Vitra Design Museum de Alemaña, esta mostra abrangue tamén o deseño da moblaxe realizada polo artista e céntrase nas súas tres obras europeas máis destacadas: as vivendas experimentais en Weissenhof de Stuttgart (1927); o pavillón alemán para a Exposición Universal de Barcelona (1929) e a Vila Tugendhat de Brno (1930).
Os seus edificios destacan polos detalles constructivos, os espacios diáfanos e as proporcións harmónicas, mentres que os seus deseños de mobles fano pola súa elegancia e o seu interese polos materiais exclusivos.
Paralelamente á mostra, haberá actividades complementarias gratuítas como talleres didácticos, dirixidos ós centros de ensino e outros que se celebrarán as fins de semana para nenos e visitas comentadas.”
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios