A SGAE cara o sol que máis quenta

Lendo iblnews.com:
“A sociedade xeral de autores e editores (SGAE) pediu o xoves 22 que a ‘tolerancia ‘e a ‘liberdade de expresión’ prevalezan sobre a ‘censura’, en referencia á anulación de concertos do socio desta entidade Fermín Muguruza en diversas cidades españolas.”…


…”ASOCIACIÓN DE INTERNAUTAS
Que a SGAE pida ‘tolerancia’ e clame pola liberdade de expresión é un insulto á intelixencia da cidananía, precisamente esa sociedade que puxo prezo ó dereito civil dos cidadáns honestos de realizar copia privada, e para quen a liberdade de expresión e o dereito universal de acceso á cultura dos cidadáns non son máis que conceptos facturables ó seu favor.
A SGAE está completamente desautorizada para falar de liberdades e dereitos civís cando coas súas prácticas recaudatorias os vulnera constantemente.
Claro que todo ten explicación; a conselleira de Cultura Miren Azkarate valorou positivamente o comunicado realizado pola SGAE ‘porque coincide co Goberno Vasco no dereito á liberdade de expresión e á libre opinión. A SGAE defende o que se di, non quén o di’, sinalou o portavoz.
A conselleira de Cultura obvia, moda que ultimamente fai furor entre os nosos representantes políticos, que a SGAE está aplicando ós cidadáns vascos en particular e ós españois en xeral, consumidores de CDs e DVDs virxes un canon arbitrario, indiscriminado, inxusto, abusivo e ilegal, tampouco di nada sobre os autores que comercializan as súas obras con sistemas anticopia e impiden ós cidadáns honestos exercer o dereito á copia privada.
Así que sería bo que se o Goberno Vasco, está pola liberdade de expresión sexa coherente co que di deixen de pastelear coa SGAE, e axilice o expediente de impugnación ó acordo SGAE -Asimelec, tal e como reclamaron a Asociación de Internautas a Cosumo do País Vasco na súa denuncia do pasado 29 de agosto de 2003.
Os cidadáns vascos agradecerano sinceiramente, máxime cando de todos é coñecido que detrás das declaracións políticas da SGAE só hai unha máxima: ‘O que non son pesetas son puñetas’.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios