LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS 7 – KALEIDO UNIVERSIDADE VIGO B 44

Derrota do cadro pontés no seu debut ligueiro na casa

O Fendetestas pontés de rugbi recibía na mañá deste domingo ao equipo vigués no campo artificial do Poboado no que era o debut nas Pontes, pois xa se estreara perdendo 50-12 en Pontevedra.

Os olívicos xa marchaban ao descanso cun claro marcador de 0-29 que maquillou un pouco o cadro local no segundo período cun ensaio de Javi e o lanzamento a paus de Antonio.

Os verdes aínda non conseguiron puntuar neste inicio ligueiro, na mesma situación que  Santiago, Mareantes e Barbanza, e complicado rival terán a vindeira xornada xa que visitan ao líder e gañador das tres últimas Ligas Galegas, o conxunto departamental. 

Xogaron Anxo, Carlos, Antón, Lois, Cristian, Pablo, Toño, Ansumana, Antonio, Javier, Andrés, Miguel, Senen, Ramón e Asier, entrando no segundo tempo Brais, Gallardo, Xose e Roberto.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios