As Series Españolas de Beach Rugby 5 tiveron lugar unha vez máis no Lago de As Pontes, nun evento organizado pola Asociación Deportiva Monte Medulio, o CR Fendetestas, o Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña, co xenial speaker Xalo Maira. Entregaron os diversos trofeos os concelleiros Elena López e Roberto Rivera.
Coa participación de 32 equipos, 16 en cada xénero, na competición masculina, na final ouro, Vacceos gañou 10-7 a Llamas, impoñéndose na final de bronce Arroases por 13-2 a Sons of Lambar.
Máis disputada foi a competición feminina, e na final ouro, as míticas Thetas por la Paz venceron nun vibrante encontro por 10-9 a Limbo no último suspiro despois de ir a remolque todo o partido. Na final bronce Celtíberas Norte gañou 6-2 a Indusnami.
Nova cortesía Xose Ferreiro











































































































































































































Nova cortesía Xose Ferreiro
Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.