Amigus
As Pontes

REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 0 LARACHA 3

Segunda derrota do As Pontes na casa en apenas tres días. O encontro púxose de cara pra os visitantes tralo penalti anotado por Pablo Lorenzo no 37´. Mellor se lles puxeron as cousas no 47´ tras outro penalti a favor que neste caso acarreaba a expulsión de Seco que desviou o balón coa man cando este se colaba na portería. Pero desta vez Ángel gañoulle a partida a Pablo e detíalle o penalti. Pouco durou a ledicia pra ós locais pois apenas un minuto máis tarde, antes de chegar ó descanso, Javi Fuentes anotaba tras un bo lanzamento de falta. No segundo tempo o As Pontes buscou un gol que lle dese algo de esperanza e o Laracha tebtaba conservar a súa ventaxa cun xogador de máis, e redondearon o resultado no 95´, tras unha boa combinación entre Rubén Rama e Adrián que este último remata a pracer. O As Pontes tentará conseguir algo positivo nas súas dúas próximas saídas contra os equipos dos postos de abaixo, o Calo e o Vizoño, para asegurar a súa presencia un ano máis en Rexional Preferente.


0 AS PONTES Ángel, Rivas, Jorge, Seco, Chote, Alonso (Hugo 76´), Amado, Carba, Rebolo (Pedro 56´ Esmorís 76), Troncho, Moreno (Piru 56´).
3 LARACHA Periscal, Borja, Fandiño, Pensado, Torrente, Aarón, Manteca (Adrián 81´) , Rivas (Rubén Rama 92´), Pablo Lorenzo (Luis 88), Bolo, Javi (Rubén García 64´).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, tarde soleada pero con moito vento. Uns 100 espectadores. Partido correspondente á 29ª xornada.
Árbitro: Rey Simons (Vigo). Auxiliado nas bandas por David Francisco e Gabriel Quintairos.
Amoestacións: Polo As Pontes, Troncho, Moreno e Rivas. Polo Laracha, Rubén García, Pensado e Torrente. Expulsou ó adestrador local Alberto López no 42´ e ó xogador Seco no 47´.
Goles: 0-1, minuto 37, Pablo Lorenzo, de penalti. 0-2, minuto 48, Javi Fuentes. 0-3, minuto 95, Adrián.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios