Amigus
As Pontes

REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 2 DUBRA 0

Tres importantísimos puntos os conseguidos na tarde de hoxe polo As Pontes. Na primeira metade resaltar unha ocasión de Rebolo (8´) ben solventada por Raña. Xa no segundo tempo, no 58´, tras un centro chut de Pablo dende a banda dereita, Raña erra no intento de despexar o balón a córner, e acaba metendo o balón na súa portería. A saída de Amado revolucionou o encontro, e no 73´ tras unha boa xogada súa por banda, centra, e Moreno remata a pracer. Puido recurtar distancias o Dubra un minuto máis tarde pero Chote sacou baixo paus. A sentencia dos locais puido chegar no 87´ cando Amado sirve a pracer a Carba, pero este acaba mandando o balón ó pau. En definitiva, vitoria vital pra os locais que poden practicamente confirmar a súa permanencia un ano máis na categoría se vencen a próxima xornada na casa do Vizoño.


2 As Pontes. Marcos, Hugo (Boo 82), Jorge, Chote, Brais, Seco, Pablo (Carba 87), Alonso, Rebolo (Amado 69), Troncho (Esmorís 65), Moreno.
0 Dubra. Raña, Pedro (Chino 86), Rubio, David, Ramón (Liñares 86), Fontán, Luis, Roberto, Kilo, Leites (Dani 66), Anxo (Baleato 66).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, 100 espectadores, tarde soleada. Encontro correspondente á 32ª xornada.
Árbitro: Héctor Castiñeira (A Coruña). Auxiliado por Antonio Fuentes e Diego Vázquez.
Amoestacións: Cartón amarelo a Jorge e a Pedro.
Goles: 1-0. Minuto 58, Pablo, 2-0. Minuto 73, Moreno.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios