Amigus
As Pontes

¡Ven a coñecer Amigus Labs!

¿Gústache argallar? ¿Ver os proxectos dos demáis? ¿Tes algún proxecto en mente? ¿Precisas axuda? ¿Algunha ferramenta?

No fablab pontés tes o que precisas. Impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura… e máis argalleiros para axudar no que precises.

En Amigus Labs estamos a aumentar o taller, dende o mes de decembro estamos a traballar na electrónica da CNC e a montaxe dunha impresora 3D de gran formato.

Este sábado en Amigus Labs continuaremos coa montaxe da nosa impresora de gran formato, para iso contaremos coa axuda de Álvaro Rey de MakerGal.

Podes participar na montaxe da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, como se monta e de que partes se compón cada unha das súas pezas.

Ademáis se queres coñecer como funciona o Fab Lab, que actividades realizamos ou como asociarte para poder empregalo, teremos unha xornada de portas abertas.

Para asistir só é necesario reservar a túa praza escribíndonos a amigus@amiguslabs.org, estaremos de 10:00 a 14:00 en Amigus Labs na Praza do Hospital nº 14 (As Pontes).

También podría gustarte
Comentarios