Amigus
As Pontes

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD RIBADUMIA 2

O As Pontes non puido conseguir a vitoria pese a xogar media hora cun máis, e ademais perdeu un punto nos últimos minutos por un inocente penalti

Derrota do As Pontes na súa estrea nesta fase pola permanencia nos últimos minutos por 1-2 ante o Ribadumia. 

Empezaban con máis brío os visitantes, e nada máis comezar, Cerqueiras chegando ao segundo pau tivo unha dobre ocasión, repelida entre Brais e o poste (3´). Replicaron os locais tras un centro de Óscar, tralo que Artai non acerta a meter a cabeza con todo a favor (9´). 

Tras unha perda de balón no medio campo, que colleu ao equipo descolocado, aproveitouna o ex xogador local Hugo Soto para regatear ao porteiro e marcar a porta baleira (20´). O dianteiro de Vilagarcía, que non o celebrou, fóra xogador azul en 2010-2012. Pero respondían os locais tras unha xogada con centro de banda dereita de Iñaki e remate de cabeza chegando só ao segundo pau de Artai (29´). 

No inicio do segundo período volveu a ter unha moi clara Artai, pero na súa cabezada en posición franca marchou o balón lamendo o poste (55´). Os azuis non souberon aproveitar a case media hora de xogo cun xogador máis, por expulsión de Óscar Iglesias, que viu a segunda amarela por un agarrón a Iñaki cando se marchaba a portería (63´). 

Colmo de males, a falta de cinco minutos, Berto cometía penalti por agarrar a un atacante rival cando o balón xa estaba fóra do alcance. Soto rubricou co seu dobrete os tres puntos para os pontevedreses mentres os locais seguen con 19 no seu casilleiro (86´).

O cadro local tamén reclamou un penalti sobre David García co tempo cumprido, e o colexiado viuse superado polos últimos minutos expulsando ao adestrador e un xogador locais co partido xa finiquitado. 

CD As Pontes. Brais, Berto, Mitogo (Pardo 81´), Óscar (Quique 63´), David, Fraga, Artai, Pita, Moya, Adrián, Iñaki.  

CD Ribadumia. Pazos, Diego, Alex (Matos 88´), Hugo Soto (Charles 88´), Cerqueiras (Chery 75´), Óscar M (Eloy 66´), Carlos (Brais 66´), Domingo, Monchito, Santi, Óscar.

Goles: 0-1, Hugo Soto (20´), 1-1, Artai (29´). 1-2, Hugo Soto, de penalti (86´).  

Árbitro: Quintairos Rial (Vigo). Auxiliado por Vilar Álvarez e Arreondas Fernández. Amarelas a Berto, Mitogo, Fraga, Artai, Moya, Brais, Óscar M. Expulsou por dobre amoestación ao visitante Óscar (63´), ao técnico local Chollas (92´), e co partido finiquitado ao local Óscar Martínez con vermello directo.  

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde moi soleada.  

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios