O As Pontes abre o prazo para escoller presidente

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes ven de abrir un proceso electoral para escoller a un novo presidente e unha nova xunta directiva logo de que concluise o mandato da actual. O pasado domingo celebrouse unha asemblea de socios, cunha presenza dun maior número de socios que de costume.


O actual equipo quedou á fronte como xunta xestora á espera de que os socios decidan unha nova composición que podería non variar moito.
O presidente sainte, Xaime Castro, anunciou xa a súa intención de presentarse á reelección contando coa base da actual xunta, pero sumando novas incorporacións. Agora, o día 18 estableceuse como límite para a presentación de candidaturas, e os comícios, celebraríanse o día 31, e dicimos celebraríanse, porque no caso de haber tan só unha candidatura, esta xa quedaría oficialmente validada dende o día 19.
O aspirante á reeelección, Xaime Castro, ofreceu tamén o balanzo da última tempada que confirma que o clube está xa totalmente saneado, sendo un dos poucos desta categoría onde se pode dicir que xogadores, corpo técnico e empregados cobran ó día, e a entidade non acumula débedas.
Adiantou tamén que, agora, co clube coa viabilidade garantida, buscarase recuperar obxectivos máis ambiciosos no deportivo, sen excesos e cos pés no chan, pero coa aspiración de devolver ó equipo á terceira división. Aínda que sen deixar de ter como fin prioritario o traballo de canteira.

También podría gustarte
Comentarios