Amigus
As Pontes

Endesa concede a Corporación Noroeste o contrato de aproveitamento das cinzas da central térmica de As Pontes

[aspontes.com] Finalmente, as sospeitas do comité de empresa de cuíña fixéronse realidade e é que onte, ao peche desta redacción a empresa elétrica Endesa facía pública a súa decisión de conceder á firma Corporación Noroeste o contrato de aproveitamento das cinzas procedentes da combustión do carbón na central térmica coa que Endesa conta na nosa vila.


A firma escúdase nos resultados dun informe encargado á escola de inxeñeiros de Camiños da Coruña que determina a idoneidade das cinzas para agregalas ao crudo no proceso de fabricación de cemento para mezclalas con cinzas doutra procedencia na elaboración de clínker, así coma para a estabilización de residuos ou metais pesados, procesos todos eles realizados nas dúas prantas cementeiras coas que Corporación Noroeste conta nos concellos de Sarria e Narón.
Segundo alega a dirección da firma elétrica, este estudo califica a proposta de corporación noroeste coma a máis indicada á hora de cumprir a Normativa Europea Reach que regula o aproveitamento dos refugallos industriais.
No tocante á repercusión desta decisión no panorama laboral que se rexistrará en As Pontes despois de optar por levar fóra do noso concello este proxecto, dende a dirección de Endesa asegura que a iniciativa repercutirá positivamente no sector do transporte por estrada xa que, tal e como reza o comunicado remitido pola empresa elétrica, estímase que o traslado das cinzas ás prantas de Narón e Sarria suporá a realización dunhas 2800 viaxes anuais en camión coa carga de traballo que iso suporá para os transportistas locais.

También podría gustarte
Comentarios