Amigus
As Pontes

Nota de prensa Xuntos por As Pontes: ESTUDIO DE ENERXIAS PARA AS PONTES

Por un medio de comunicación non galego enterámonos do contido detallado do estudo feito pola Consultoría Solac Ingenieros con sede en Vigo a solicitude do Concello,algo que nos sorprende, xa que,como parte da Corporación Municipal deberíamos ser informados do resultado,pero tamén ós veciños deberían coñecer ás conclusións a que chegou esta Consultoría,comenzando por unha explicación convincente da razón que motivou a contratación dunha consultora privada,ignorando a capacidade da Universidade galega e posibilidade de establecer unha estreita relación con este organismo de asesoramento,non só de cara AsPontes,senón tamén para aportar solucións o problema de desendustrialización que estamos a sufrir no norte de Galicia,sea Ferrol,Somozas ou a Mariña.

No Pleno Ordinario do día 3 foi rexeitada a nosa proposta dun Pleno Monográfico sobre Endesa, desestimada polo PSOE.Neste Pleno xa manifestamos a nosa queixa pola ausencia do Alcalde,que xa ven sendo habitual nestas convocatorias,mais ainda cando deberíamos tratar sobre as circunstancias tan especiais que estamos a vivir có peche da C.T. anunciada por Endesa,a pesar da posición contraria do Municipio e Administracións,ás que lles ven moi ben ir queimando etapas e chegar o mes de Xullo,data prevista por Endesa para o apagado definitivo dás instalacións.Hai unha serie se custións que o grupo de goberno está obligado a aclarar,un deles o proxecto de demolición dás instalacións presentado por Endesa e o que nos opoñemos rotundamente.

En Xuntos pensamos que o noso presente e futuro non pode depender tan só dós proxectos que a dirección de Endesa xa tén anunciados,porque non hai que olvidar que,o fin e o cabo, todos estos proxectos están suxetos ás subvencións procedentes de Europa,polo tanto,é imprescindible unha implicación formal dás Administracións,Estatal e Autonómica (Nex Generation UE),que dean forma ás capacidades enerxéticas do noso municipio,onde vento,auga e gas son elementos que teñen que servirnos para desenvolver un proxecto enerxético que nos permita continuar como o principal Centro de Xeneración Eléctrica do Noroeste de España.

Coa signatura da Ministra de Transición e a Ministra de Traballo Yolanda Díaz,As Pontes incorpórase,por fin,o Fondo do Ministerio de Transición destinado a axudas a pequenos proxectos empresariais en comarcas mineiras por valor de 12,9 millóns de euros,ademais do anuncio do Goberno Central no mes de Decembro de128,9 millóns de axudas directas para a reactivación dás zonas mineiras de Aragón,Asturias,Castilla-La Mancha e Castilla León e agora As Pontes, onde o Estado aporta o 75% do coste dós proxectos viables e as Comunidades Autónomas o 25% restante.Todo esto dirixido a millora dás infraestructuras municipais.As inversións están enfocadas a restauración de zonas degradadas,optimización enerxética,modernización de Polígonos Industriais e a creación de novos centros sociais,(Xeriátrico,por exemplo).

Andalucía unése a estas axudas a través dun Convenio económico ainda sin cuantificar.Son 3 centrales térmicas as afectadas,Carboneras,Puente Nuevo e os Barrios,que incluirá enerxías renovables,economía circular,agricultura ecolóxica e a gandería extensiva. Benefícianse 15 municipios,1 de Almería,3 de Cádiz e 11 de Córdoba.E porqué non lle preguntamos a Valentín que proxectos tén en perspectiva para As Pontes?.Estamos nunha etapa de cambios decisivos que hai que resolver con traballo intelixente.Seguimos esixindo un Pleno Monográfico para tratar estes trascendentais temas para o futuro das Pontes,que o alcalde faiga acto de presencia nos mesmos e informe ós veciños sobre a situación actual con respecto às posicións adoptadas polo Ministerio, Xunta i Endesa.

As Pontes a 5 de Marzo do 2.021

También podría gustarte
Comentarios