Amigus
As Pontes

Nota de prensa Xuntos por As Pontes: CARTA ABERTA O ALCALDE

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Sr. González Formoso:

Dirixímonos a Vde.nesta carta debido a situación excepcional creada pola política de descarbonización programada pola Sra.Ribera,Ministra de Transición,que vai asociada o peche de centrales térmicas,xa en vías de de execución noutros centros de enerxía,programa do que nós xa fomos advertidos a tempo por unha destacada persoa do actual Goberno,polo tanto,con mais razón,Vde. tiña que ser coñecedor como Secretario Provincial do PSOE,dás decisións tomadas con respecto a CT de As Pontes naquelas datas:o peche definitivo.

Van transcurridos dous anos dende que esta Compañía iniciou as reformas dós grupos 1,2, rematadas e probadas en Setembro do ano pasado para adaptalos a normativa vixente,naquel momento,sobre emisións.O incremento continuado das taxas de emisións,en maos de axentes externos ós gobernos, que pasaron de 4 € en orixe ós 40 actuais,foi un argumento para que Endesa anunciara a inviabilidade económica da instalación,confirmada pola Dirección recentemente.Atrás quedan as probas con biocombustibles e as reclamacións lexítimas dos transportistas enganados e utilizados tanto por Endesa como polas Administracións implicadas,cando se podía buscar unha solución pactada que aliviara as cargas e pagos que teñen que soportar.

Este era parte dun problema dentro doutro de mais envergadura,a continuidade ou non da instalación. Estamos a 3 meses de que Endesa peche definitivamente as instalacións,según declaracions dos seus directivos e a información que recibimos a través dos medios de comunicación onde,por certo,Vde. aparece a miúdo,pero sin asistir ós derradeiros Plenos Ordinarios que o seu Grupo de Goberno convoca cando lle peta.

Xuntos ven pedindo con insistencia un Pleno Monográfico para que nos informe a nós e os veciños dás alternativas que Vde. manexa para afrontar o futuro deste pueblo.

O proceso de desmantelemento da CT está aprobado polo Ministerio de Transición e recollido nun documento que obra no seu poder,que nós coñecemos,e cuio obxetivo final é, si non se impide, volver os terreos a situación orixinal,e decir,que despois de queimar 350 M. de Tm. de carbón,unha riqueza enorme no termo Municipal deste Concello, as xeneracións futuras poderán volver a alindar as vacas neste terreo.Estamos pois nunha etapa transcendental.

É o momento de tomar decisións que permitan As Pontes superar esta situación crítica,haber hai,como se dí,mimbres para asegurar un futuro para os veciños,que non pase o de sempre que as persoas mais formadas teñan que facer a maleta e irse.

Temos que aproveitar as oportunidades que nos ofrecen as axudas procedentes da UE,pero para esto fan falta proxectos propios o marxe dós que poida presentar Endesa ou as empresas interesadas en aproveitar a nosa posición enerxética dentro do Estado. ¿Vde. ténos Sr. Acalde?. Esperamos que sí,dada a súa maoiría absoluta dentro da Corporación Municipal,pero si non é así,o que sería grave, sea receptivo e defensor dás propostas que presententemos os demais.Por enriba de todo están os intereses comúns do Pueblo e da Comarca.

Saúde. 

As Pontes a 8 de Abril do 2.021

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios