Amigus
As Pontes

Xuntos por As Pontes – Setembro 2022

Desde Xuntos por As Pontes, sendo conscientes da pequena cuota de representación que temos no Concello, non deixaremos de denunciar a falta de atención do goberno local cara unha serie de servizos para a veciñanza. Estamos de acordo en que se traballe desde a maioría absoluta do Concello en actividades para atraer a máis visitantes, pero isto non pode producirse a costa da atención a algúns servizos esenciais.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

1- Levamos dous invernos consecutivos sen cine na fin de semana, por razón da crise sanitaria da COV-19. O pasado invierno retomouse o teatro pero non o cine. Nestas alturas de volta á normalidade post-pandemia, podería recuperarse o cine, xa que as salas comerciais das ciudades así o fixeron hai tempo. O cine era un evento con éxito de asistencia de público na axenda cultural do pobo.

Un servizo cultural e de lecer que quedou anulado, coa consecuencia de ter que desplazarse a cidades próximas para disfrutar do mesmo. Colaborando así coa economía desas ciudades en lugar de facelo coa nosa propia. As persoas, así, teñen que acudir aos centros comerciais, cun prezo de entrada máis elevado, gastos en combustibles e uso do coche, etc. fomentándose un modelo de consumo dependente do petróleo e valeirando de contido o noso cine local. Ademáis de supoñer un gasto elevado para as familias con nenos.

2- Xuntos por As Pontes leva máis de dúas lexislaturas reclamando aseos públicos para o parque, aportando propostas como que se abra unha porta lateral do mercado para acceder aos aseos do mesmo, sitos na pranta baixa. Por certo, aseos cuxo lamentable estado viñemos de denunciar hai uns meses desde este grupo municipal.

Cal foi a solución do Concello ante isto? Tapiar os aseos ata data de hoxe e propoñer a usuarios e persoal dos postos do mercado que usen os servizos da primeira planta. Nesta planta hai unha exposición arqueolóxica que só abre para visitas guiadas, debido ao valor das pezas. Co cal, tanto a xente que vai ao mercado coma os propios comerciantes non contan con aseos no mesmo.

3- Acábase de anunciar que se instalarán dúas estacións de lavado de bicicletas, e quixéramos recordar que hai un compromiso plenario de máis de dous anos de facer dúas pistas de petanca para as persoas maiores detrais do Centro Sociocomunitario-Fogar 3º Idade. Sen desmerecer as estacións de limpeza das bicicletas.

En resume, desde o grupo municipal de Xuntos por As Pontes, solicitamos ao equipo de goberno do PSOE As Pontes que non abandone a atención aos servizos das veciñas e veciños en favor das actividades de turismo, que tamén consideramos axeitadas mais sen que vaian en detrimento das primeiras.

Nova cortesía de Xuntos Por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios