MALENA MIERES EN SUECIA

Partido internacional sub23 en Escandinavia

A porteira pontesa Malena Mieres García foi convocada para un partido internacional Sub23 disputado este luns en Jonkoping e que acabou co resultado de Suecia 0 – España 0.

Partido de prestixio contra o combinado sueco, Campión Europeo 1984, Subcampión Mundial 2003, Subcampión Olímpico Río 2016 e Tokio 2020, e Campión Europeo Sub19 de 1999, 2012 e 2015.

A seleccionadora Laura Del Río convocou para este encontro a 22 xogadoras. De porteiras chamou a Gema Font (Barcelona), Enith Salón (Valencia), e Malena Mieres (Betis).

Como defensas acudiron Paula Tomás e María Méndez (Levante), Berta Pujadas (Valencia), Emma Ramírez (Barcelona), Lucía Rodríguez (Real Madrid), e Cristina Cubedo (Villarreal).

Como centrocampistas viaxaron Oihane Valdezate (Athletic), María Pérez (Barcelona), Rosa Márquez (Betis), Paula Fernández (Levante), Aida Esteve (Madrid CFF), Ana Franco (Sevilla), e María Llompart (Villarreal), a autora do gol na final Sub19 contra Alemania en 2018 de tan bo recordo para Malena.

Por último foron chamadas as dianteiras Paula Arana (Athletic), Lorena Navarro (Real Madrid), Cecilia Marcos (Real Sociedad), Ana Marcos (Valencia), Marta San Adrián (Alavés), e Ruth Álvarez (Madrid CFF).

Deste mesmo equipo tamén foi convocada a xogadora de Outeiro de Rei, Lucía Pardo, que foi baixa a última hora.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto Sefutbol.

También podría gustarte
Comentarios