LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 0 – VIVEIRO CF 1

Derrota pola mínima ante o cadro lucense

O CD As Pontes de Liga Galega Xuvenil xogou este sábado o seu cuarto partido na competición, perdendo 0-1 ante o equipo viveirense, que anotou nos cinco primeiros minutos de partido o que lle serviu para levar os tres puntos.

Os locais ganaron ao Residencia 3-2 (Adrián Couceiro, Alex López, Pablo Novo), perderon co Polvorín 3-1 (Pablo Novo), e empataron co Galicia de Caranza 1-1 (Alex Riobo) a semana pasada, igualando os ferroláns no desconto. 

Son quintos con 4 puntos visitando ao Racing Vilalbés B na vindeira xornada que pecha a primeira volta. 

Nova cortesía Raimundo Carballo e XF

También podría gustarte
Comentarios