Amigus
As Pontes

DAVID ROCHELA, BALÓN DE PLATA FÚTBOL DRAFT

david_rochela.jpgO futbolista pontés David Rochela ven de acadar hai uns minutos o Balón de Plata do Fútbol Draft, que premia ós mellores futbolistas españois de entre 16 e 20 anos.
O Comité Técnico do Fútbol Draft, formado por Iñaki Sáez, Mariano Moreno, Gica Craioveanu, Roberto Dale, Alberto López Moreno e Javier Lasagabaster, decidiu que no posto de defensa central dereito o vencedor fose Jorge Pulido Mayoral (Atlético 1991), campión de Europa sub17 o ano pasado e internacional sub19 na presente temporada a pesar de ter un ano menos, plata pra David Rochela Calvo (Deportivo 1990), campión de Europa sub17 e subcampión do mundo sub17 en 2007, actual internacional sub19, e o bronce vai a parar a mans do prometedor futbolista de pai angoleño e nai vasca, Jonás Ramalho Chimeno (Athletic Bilbao 1993), internacional sub16 e campión con España do Mundialito de Santarém (Portugal), a finais de Febreiro.


Rochela xa acadara o Balón de Bronce do Fútbol Draft en 2007, e o ano pasado quedou entre os cinco finalistas. Adrián López gañou o Balón de Ouro o ano pasado.
Os 33 premiados asistirán a un acto no Santiago Bernabeu o día 1 de Xuño, no que lles serán entregados trofeos e agasallos. Paralelamente, os 11 futbolistas máis votados do Marca tamén serán premiados neste acto, e de momento Rochela vai de líder na súa demarcación con un 43% dos votos.
Estes son todos os premiados:
PORTERO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Sergio Asenjo 1989 Valladolid
David de Gea 1990 Atlético
Felipe Ramos 1988 Real Madrid
LATERAL DERECHO (ORO, PLATA Y BRONCE):
César Azpilicueta 1989 Osasuna
Mario Gaspar 1990 Villarreal
Albert Blázquez 1992 Espanyol
LATERAL IZQUIERDO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Roberto Canella 1988 Sporting
José Angel Valdés 1989 Sporting
Mikel Balenciaga 1988 Athletic
CENTRAL DERECHO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Jorge Pulido 1991 Atlético
David Rochela 1990 Deportivo
Jonás Ramalho 1993 Athletic
CENTRAL IZQUIERDO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Marc Muniesa 1992 Barcelona
Mikel Sanjosé 1989 Liverpool
Jon Gaztañaga 1991 Real Sociedad
MEDIO CENTRO DERECHO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Sergi Busquets 1988 Barcelona
Dani Parejo 1989 Real Madrid
Ignacio Camacho 1990 Atlético
MEDIO CENTRO IZQUIERDO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Javi Martínez 1988 Athletic
Fran Mérida 1990 Arsenal
Koke 1992 Atlético
BANDA DERECHA (ORO, PLATA Y BRONCE):
Aarón Ñíguez 1989 G. Rangers
Jordi Pablo 1990 Villarreal
Keko 1991 Atlético
BANDA IZQUIERDA (ORO, PLATA Y BRONCE):
Diego Capel 1988 Sevilla
Jordi Alba 1989 Nastic Tarragona
Pablo Sarabia 1992 Real Madrid
MEDIA PUNTA (ORO, PLATA Y BRONCE):
Juan Mata 1988 Valencia
Iago Falqué 1990 Juventus
Ander Herrera 1989 Zaragoza
DELANTERO CENTRO (ORO, PLATA Y BRONCE):
Bojan Krkic 1990 Barcelona
Alberto Bueno 1988 Real Madrid
Adrián López 1988 Málaga
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios