O concello de As Pontes vai promover a práctica deportiva para tódalas idades a traverso dun ciclo de conferencias

[aspontes.com] O concello de As Pontes vai promover a práctica deportiva para tódalas idades a traverso dun ciclo de conferencias nas que se incidirá na importancia de seguir unha rutina de actividades deportivas en calquera tramo de idade.


As charlas sobre deporte e saude van ser periódicas, se ben se está a contactar dos diferentes poñentes para poder establecer un programa definitivo.
De momento a primeira será xa este sábado, ás 11 da mañá e en Casa Dopeso.
Para abrir apostouse por un hábito xa moi estendido entre os nosos veciños, que se quere fomentar e apoiar, como é o camiñar.
Coa poñencia “Camiñar é saude” falarase dos benefícios que este asequible e doado exercizo físico comporta para a saude, desmitificando o tópico de que sexa tan só para a terceira idade.
O doutor Giraldez, especialista en medicina do corazón, e licenciado en ciencias da actividade física e o deporte, actualmente docente na universidade de A Coruña, compartirá esta primeira conferencia co tamén profesor na mesma universidade herculina, e licenciado en actividade física e deporte, Enrique Bouza.

También podría gustarte
Comentarios